No Centro Xove vimos de lanzar o primeiro proxecto dentro do noso programa Participa!, que permite que calquer persoa usuaria achegue propostas para o espazo. Neste caso, chega o Recuncho Verde, a primeira iniciativa que proxectamos a partires da idea da nosa usuaria Sandra!
Queres saber máis sobre esta actividade de contacto coa natureza que lanzamos para o verán? Imos!
En que consiste o programa Recuncho Verde?
O proxecto Recuncho Verde busca dotar o Centro Xove dun espazo de conexión coa natureza.
Co obxectivo de achegar á cidade lugares onde poder conectar con ela, buscamos mellorar as nosas relacións co medio ambiente e, por suposto, poñer a disposición da mocidade un lugar de desconexión, aprendizaxe e lecer.
Se queres participar nesta actividade, cómpre que teñas en conta os seguintes detalles:
- Horario: tres saídas os días 17/6, 23/7 e 24/9.
- Quen pode participar? Preferentemente, persoas de 14 a 35 anos, empadroadas en Santiago de Compostela.
- Prazo de inscrición: aberto ata completar prazas.
- Prezo: gratuito, subvencionado pola Concellaría de Mocidade.
Podes consultar toda a información no cartaz do Recuncho Verde ou contactar co equipo do Centro Xove para inscribirte. Tamén podes ver o vídeo de presentación de Sandra!