Reserva dOS locais municipais de ensaio ou sala principal do do Centro Xove

Horarios e datas dispoñibles para reservar

Primero, consulta a axenda do Centro Xove e verifica que a sala ou locais están dispoñibles (a información sempre está actualizada).

Os horarios dos locais municipais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela están dispoñibles de seguido:

Descargar horarios febreiro 2026 dos locais de ensaio do Centro Xove

A sala principal do Centro Xove conta coas seguintes reservas previstas:

¿Como tramitar a túa reserva do Centro Xove?

Para reservar os espazos ou locais de ensaio do Centro Xove de Creación Cultural, É OBRIGATORIO que o trámite se faga cun mínimo de 15 días naturais de antelación a través da Sede Electrónica do Concello de Santiago de Compostela, presentando as seguintes instancias segundo corresponda:

É dicir: non é posible presentar a documentación directamente no Centro Xove de Creación Cultural. Podes imprimir os documentos que aportamos para axilizar e presentalos no rexistro municipal (máis información aquí), ou acudir directamente ó Rexistro e solicitalos alí.

Por favor, adica un minuto a revisar as normas de uso do Centro Xove de Creación Cultural e a nosa dispoñibilidade horaria (tela arriba) antes de tramitar a túa solicitude. Lembra que o servizo de acompañamento técnico (técnico de son), ó abeiro do prego de contratación do servizo, só está dispoñible durante a súa xornada (xoves e venres de 16 a 22 e sábados completos), e que deberás contar cun técnico propio, ó que nós apoiaremos co noso servizo técnico. Non ofertamos servizo técnico fóra dese horario e condicións, agás en actividades propias e/ou establecidas pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela.

Indicamos os horarios dos locais e dos nosos espazos na rede, precisamente para que poidas revisalos. Naqueles casos en que se ignore esta información, o máis probable é que a solicitude sexa rexeitada.

Se tiveses algunha dúbida, contacta co Centro Xove: estamos aquí para axudar.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Puedes ver nuestra política de privacidad aquí.

Cookies técnicas

Las cookies técnicas y estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Estas cookies son:

Sesión de usuario.
Comentarios
Seguridad
Aceptación de cookies