O Programa de Residencias no Centro Xove de Creación Cultural é ideal para novos proxectos do ámbito das artes.
Se contas cun proxecto no eido da música, teatro, danza, artes escénicas ou do ámbito cultural, é unha oportunidade de colaborar!
Quen pode participar no Programa de Residencias no Centro Xove?
O Programa de Residencias no Centro Xove é un servizo municipal de colaboración co espazo de forma temporal. Busca ofertar o espazo para iniciativas culturais vencelladas á mocidade.
Para participar, cómpre que consideres que poden participar:
- Persoas individuais ou grupos de mozos, de entre 14 e 35 anos de idade. Tamén poden concorrer persoas individuais ou iniciativas orientadas ó público mozo (14 a 35 anos).
- Deberás estar empadroado, ser residente ou estudante no Concello de Santiago de Compostela.
- Tamén podedes participar dende entidades ou colectivos mozos que cumplan o criterio de idade ou público obxectivo.
Como fago a solicitude?
Para facer a solicitude deberedes cubrir o seguinte modelo:
Solicitude de uso de espazos no Centro Xove
As solicitudes faranse en instancia formalizada a recoller presencialmente no Departamento de Xuventude ou na Sede Electrónica do Concello, e presentarase de forma telemática ou no Rexistro Xeral do Concello de Santiago, na Rúa Presidente Salvador Allende, 4. Indica no apartado de nome da actividade que queres participar no Programa de Residencias no Centro Xove de Creación Cultural.
Que deberás incluir?
A solicitude deberá ir acompañada da fotocopia do DNI ou identificación da persoa solicitante e dun dossier explicativo do proxecto para o que se solicita o uso do espazo. Non temos un modelo concreto, porque queremos que expoñades de forma natural a vosa proposta para o espazo.
Iso sí: cada proposta deberá aportar un rider técnico propio, desagregando as vosas necesidades técnicas polo miúdo. Considerade incluir detalle de datas, horarios, e todo o que pensedes que poida ser preciso.
Que ofertamos no Programa de Residencias do Centro Xove?
Poderedes desfrutar do horario destinado ás residencias, que é de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. O tempo mínimo de estancia é de catro horas semanais, e o máximo de vinte.
Poderedes empregar a sala principal do Centro Xove de Creación Cultural, de aproximadamente 200 metros cadrados. Trátase dun espazo polivalente con escenario, pano motorizado e caixa negra, equipo de son e iluminación propios, sistema de climatización, e sala de control independiente. Conta cun aforo máximo de 250 persoas e acceso e servizos para persoas con mobilidade reducida. Discrecionalmente, tamén poderemos empregar outros espazos do Centro Xove, en función do voso proxecto e necesidades.
Ademais, para impulsar o voso proxecto, contaredes co apoio do equipo do Centro Xove, tanto de animación coma técnico, para orientar o mesmo. Acordaremos como facilitar a vosa iniciativa, pero tamén oportunidades formativas e de colaboración mutua. A idea é que sumedes ó espazo co voso proxecto, pero tamén que este sexa moito máis que un local cedido temporalmente. Será unha experiencia moi enriquecedora!
Finalmente, podedes consultar as bases completas do Programa de Residencias do Centro Xove de Creación Cultural, ou escribirnos en caso de dúbida.