No Centro Xove da Almáciga presentamos o roteiro Cando as periferias explican o mundo.
Trátase dunha proposta vencellada ó compromiso que temos no espazo coa narración oral, no que Manuel Gago presentará ós asistentes unha perspectiva ben diferente sobre a zona da Almáciga.
Esta proposta, como podedes imaxinar, está vencellada ó Festival Atlántica, e propón un roteiro ameno contra á última hora do día. Terá lugar o vindeiro 20 de marzo ás 18:30. Queres participar?
Como inscribirse no roteiro Cando as periferias explican o mundo?
O roteiro está subvencionado pola Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela, polo que a inscrición é de balde. Con todo, as prazas son limitadas, polo que para participar cómpre que vos pasedes polo propio Centro Xove entre o luns 12 e o venres 16 de marzo (ata as 14:00).
O propio venres 16, ó longo da tarde, comunicaremos ós inscritos o listado de participantes por correo electrónico. Podedes descargar o cartaz do evento nesta ligazón.
Lembrade que se tedes algunha dúbida, podedes contactar co Centro Xove e estaremos encantados de atendervos. Agradecemos a difusión polas redes, para que non quede nin unha praza neste fabuloso roteiro!