Este sábado 27 de maio ás 17:00 imos de ruta! Dende o Centro Xove impulsamos unha andaina botánica entre o Sarela e a Selva Negra.
Iremos explicando e identificando as especies botánicas do lugar e os seus usos populares. Nunha experiencia de grupo, incluido unha merenda de convivencia e dinámicas para desfrutar co grupo. Será unha experiencia xenial!
Para participar, só terás que inscribirte seguindo os pasos que indicamos. Non é preciso ter coñecementos previos nin experiencia en andainas, malia que daremos algúns consellos e os datos do punto de encontro por mail.
Importante: nesta actividade non se ofrece consello médico e/ou de saúde
Como podes inscribirte na andaina?
As inscricións están abertas dende hoxe ata o xoves 25 de maio. A formación é gratis para as persoas inscritas, xa que é financiada polo Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Promoción Económica no marco da Agenda Urbana 2030.
Podes inscribirte polas seguintes canles:
- Enviando un correo electrónico ó Centro Xove vía info@centroxove.com
- Enviando un WhatsApp/Telegram ó 722720992
- Chamando a ese mesmo número ou presencialmente no propio centro.
Lembra que teñen preferencia as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela. Podes inscribirte se non cumples ditos requisitos. Non son necesarios coñecementos previos, xa que partimos dende a base.
Non perdas tempo e bule a inscribirte na andaina do Centro Xove. E se queres coñecer outras actividades que facemos co apoio do marco da Agenda Urbana 2030, preme aquí.