Co programa sONoriza CX (que podes atopar nas nosas redes co hashtag #sONorizaCX), queremos dar o primeiro paso cara abrir o CX ós grupos de música conformados pola mocidade de Compostela.
Xa sabedes que os novos locais de ensaio do Concello de Santiago de Compostela están ubicados aquí, no Centro Xove de Creación Cultural. Lamentablemente, a situación sanitaria todavía non permitiu a inauguración dos mesmos. Malia isto, o equipo do CX traballa co obxectivo de que, cando sexa posible abrilos, xa teñamos un contacto con vós, as bandas que desfrutarán das instalacións. O programa #sONorizaCX é. pois, unha aposta nesa dirección.
En que consiste o programa #sONorizaCX?
A proposta do programa #sONorizaCX consiste en establecer un contacto cos grupos de música da cidade, que resulte útil de cara á posta en marcha dos locais municipais de ensaio.
Queremos coñecervos, claro, pero tamén escoitar as vosas ideas, propostas, necesidades e visión para o espazo. A idea de sonorizar o CX tradúcese nas seguintes posibilidades:
- Acordamos unha data para que veñades polo centro: coñeceredes as instalacións, incluidos os novos locais de ensaio, así como os diferentes espazos que ofertamos ás bandas. Falamos do proxecto, e tomades parte activa nel.
- Rexistrades a vosa banda no noso censo de grupos: se queredes, podedes deixarnos algo de información sobre a banda. Deste xeito, en canto inaguremos os locais de música, avisaremos para que non perdades detalle!
- Sonorizades o CX: se queredes, podedes probar a nosa sala, ensaiando na mesma co voso grupo!
Isto que comentamos é un resumo. Lóxicamente, temos algunha sorpresiña máis para cando veñades polo CX.
Quen pode participar? Como me inscribo?
Poderás participar de forma prioritaria no programa #sONorizaCX se:
- A media de idade da túa banda está entre os 14 e 35 anos.
- Un mínimo de dúas persoas por grupo están empadroadas en Santiago de Compostela.
- Achegades a vosa proposta nos meses de xullo, agosto e setembro.
Se non cumples ditos requisitos, podes enviar a túa solicitude igualmente e remitiremos á mesma ó Departamento de Mocidade para a súa valoración (por exemplo, no caso de asociacións interesadas en visitar o espazo, colectivos de músicos, cidadanía, etc.).
Para inscribirte, entra en contacto co CX polas canles habituais, e falamos! Xa sabes: durante o verán, sonoriza o CX!
Estoy interesado en los locales de ensayo. Por favor, agradecería si me pudiesen dar más información para apuntarme
Boas, Martín! Escribe a info@centroxove.com e xa te asesoramos persoalmente.