Técnica vocal e instrumental 🎤

Queres mellorar a túa técnica vocal ou formación instrumental de xeito individual? Isto é para ti!

Se xa participas do Centro Xove, xa sexa porque estás no coro ou nunha das bandas dos locais municipais de ensaio, podes acceder a este servizo personalizado de formación no eido da música. Co noso apoio, poderás preparar máis e mellor o teu repertorio, facer arranxos vocais ou mellorar a túa precisión ao tocar/cantar, entre outros!

Como funciona o servizo de formación en técnica vocal e formación instrumental?

Nas titorías en técnica vocal e formación instrumental poderás pulir todos esos puntos nos que dubidas á hora de executar os teus temas, e ir subindo o teu nivel musical!

En concreto, ofertamos as seguintes disciplinas musicais:

  • Técnica vocal e canto
  • Guitarra
  • Baixo
  • Batería
  • Piano

É unha formación pensada para complementar a que xa recibes pola túa conta, nos nosos cursos ou, por suposto, contribuir ó avance do proxecto da túa banda residente no Centro Xove.

Quen pode solicitalo?

Calquer persoa usuaria do Centro Xove de Creación Cultural poderá solicitar este servizo, orientado de forma preferente a:

  • Persoas inscritas nas actividades do centro ou das nosas bandas residentes nos locais de ensaio.
  • Cidadanía de 14 a 35 anos, empadroada en Santiago de Compostela.

Como detalle relevante, non é preciso que teñas experiencia nin formación previa, abonda con interese pola música!

As aulas serán impartidas polo noso mediador, Guillermo Vistoso, compositor, cantante e guitarrista. É músico profesional freelance de directo e estudio dende 2016, ademais de docente no Centro Xove.

Como solicito a miña sesión?

Para participar, basta con que nos envíes un correo a info@centroxove.com, unha mensaxe por WhatsApp/Telegram, chames ou axendes presencialmente a túa sesión co equipo do centro. Agás por causa de forza maior, as sesións serán sempre presenciais no propio espazo.

Podes escoller o teu horario preferente dentro das seguintes alternativas:

  • Martes: de 11:00 a 11:45 horas
  • Martes: de 19:30 a 20:15 horas
  • Mércores: 16:30 a 17:15 horas

No caso de que precises un horario específico, podes contactarnos e tentaremos adaptarnos no posible. As solicitudes tramitaránse sempre dunha semana á outra (é dicir: se solicitas esta semana, a formación terá lugar na seguinte).

Contacta para axendar a túa sesión!

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?