O equipo do Centro Xove quere aproveitar as festas para pechar o ano 2020 cunha nota positiva e ilusionante: un paseo virtual polo espazo.

Levamos dende o mes de agosto traballando en preparar o espazo para o momento no que sexa posible abrir as nosas portas e recibir á nosa xentiña, que sodes vós. En concreto:

  • Temos unha sala para eventos espectacular.
  • Contamos con 3 locais municipais de ensaio e un estudio de gravación, listos para as bandas de Compostela.
  • Incorporamos novo talento ó noso equipo coa chegada da nosa animadora María e o noso técnico, Ángel. Así, multiplicamos as posibilidades de crear e facer no espazo.

Renovamos moitos espazos do centro, mellorando as instalacións. Pero claro, non queremos revelar todas as sorpresas polo de agora. Só unha pequena parte, que podedes descubrir no vídeo que compartimos na nosa canle en YouTube.

Percorrido virtual polo Centro Xove

Pensamos que unha boa maneira da alegrarvos e desexarvos boas festas é dicirvos que seguimos a traballar para ofrecer un servizo excelente á mocidade. 

Por iso, durante o mes de xaneiro de 2021 abriremos a nosa plataforma de cursos en liña nesta mesma web. Para que, pase o que pase, non perdades a oportunidade de desfrutar e acceder a formación de calidade.

E, cando as circunstancias o permitan, contade coa apertura dos locais municipais de ensaio e moito máis. Porque, dende hoxe, o #CXReconecta con vós.

Con esa ilusión, faremos do 2021 un ano para lembrar. Ata entón, seguimos a traballar e dispoñibles para o que poidades precisar. Podedes velo aquí… boas festas, e vémonos moi pronto.

1
Precisas algo?
Falar con webs non mola.
Queres falar cunha persoa?