Se queres participar na creación dun produto audiovisual grupal, esta actividade vaiche encantar! Chega Videoarte ó Centro Xove.
Dende o Centro Xove lanzamos a proposta Videoarte, dentro do programa Agenda Urbana 2030. Esta proposta implica a creación, desenvolvemento e publicación dun proxecto centrado nas artes, dende o eido audivisual, e 100 % en galego.
Como podes inscribirte na actividade Videoarte?
As inscricións están abertas dende xa ata o venres 21 de abril. A formación é gratis para as persoas inscritas, xa que é financiada polo Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Promoción Económica no marco da Agenda Urbana 2030.
Podes inscribirte polas seguintes canles:
- Enviando un correo electrónico ó Centro Xove vía info@centroxove.com
- Enviando un WhatsApp/Telegram ó 722720992
- Chamando a ese mesmo número ou presencialmente no propio centro.
Lembra que teñen preferencia as persoas de 14 a 35 anos empadroadas en Santiago de Compostela. Podes inscribirte se non cumples ditos requisitos. Non son necesarios coñecementos previos, xa que partimos dende a base.
Cando terán lugar as clases de Videoarte do Centro Xove?
As sesións terán lugar os martes de 18 a 20 horas, dende o martes 18 de abril ata o finais de xullo.
Se non puideses participar nalgunhas sesión, non te preocupes que o falamos segundo o teu caso.
Non perdas tempo e bule a inscribirte na actividade de Videoarte do Centro Xove. E se queres coñecer outras actividades que facemos co apoio do marco da Agenda Urbana 2030, preme aquí.