Precisas un espazo para dar cabida a novos proxectos do ámbito das artes (teatro, danza, música, etc)?
Pois as ResidenciasCX! che interesan. É un novo servizo de residencias temporais nas que se acollan iniciativas de creadores mozos, de entre 14 e 35 anos de idade.
Canto tempo duran? As residencias terán unha duración máxima dun mes.
Quen pode participar? Aqueles mozos e mozas empadroados, residentes ou estudantes no Concello de Santiago de Compostela, así como entidades ou colectivos mozos, que precisen dun espazo para realizar as súas creacións artísticas.
As solicitudes faranse en instancia formalizada a recoller no Departamento de Xuventude ou na sede electrónica do Concello, e presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago , na Rúa Presidente Salvador Allende, 4 ou a través da sede electrónica do concello (sede.santiagodecompostela.gal). Para facer a solicitude deberedes cubrir o mesmo modelo que empregamos cando solicitamos Uso de espazos no Centro Xove ( MC003)
Indicando nel, no nome da actividade “Residencias do Centro Xove de
Creación Cultural”.
A solicitude deberá ir acompañada da fotocopia do DNI da persoa solicitante e dun dossier explicativo do proxecto para o que se solicita o uso do espazo.
Cada proposta de residencia deberá presentar un rider técnico propio, desagregando as súas necesidades técnicas polo miúdo, seguindo as indicacións do equipo do Centro Xove.
Os solicitantes da residencia poderán ser:
– Persoas individuais con idades comprendidas entre 14 e 35 anos.
– Persoas individuais sempre que as persoas destinatarias das súas actividades sexan mozos ou mozas entre 14 e 35 anos.
– Asociacións xuvenís ou entidades prestadoras de servizos á mocidade.
– Grupos de mozos e mozas de entre 14 e 35 anos
O horario destinado ás residencias é de 10:00 h a 14:00 h; cun mínimo de catro horas semanais e un máximo de vinte.
A Sala principal do Centro Xove de Creación cultural ten aproximadamente 200 metros cadrados. Trátase dun espazo multiusos coas seguintes características: un palco motorizado e caixa negra, un equipo de son e iluminación propios, sistema de climatización, e sala de control independiente. Conta cunha capacidade máxima de 250 persoas e acceso e servizos para persoas con mobilidade reducida.