O outono tráenos a mellor ocasión para saír e descubrir os segredos das setas! Hoxe traemos a xornada de recolección e cociña con setas!
Queres participar? Este 9 de novembro tes unha oportunidade única para facelo. Aprende a cociñar coas mellores setas da tempada!
Xornada de recolección e cociña con setas: en que consiste a actividade?
Comenzaremos o día cunha saída guiada onde aprenderás a identificar diferentes tipos de setas e os trucos básicos para recollelas de forma segura.
Despois, regresaremos ao espazo de cociña de Hello Cooking, onde participaremos nun taller práctico sobre como preparar as setas recollidas de maneira xenial. Con pratos deliciosos e cheos de sabor a outono, é a actividade perfecta para amantes da cociña!
Detalles da actividade:
📅 Data: 9 de novembro
🕙 Horario: a partir das 10:00
📍 Lugar de saída e taller: Hello Cooking (Rúa de Sar, 96)
🎟️ Prazas limitadas a 15 participantes
💰 Actividade gratuita
👥 Público: mozos e mozas de 16 a 30 anos
Inscricións: Para reservar a túa praza, envía un correo a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.